ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Caldas Clube de Fútbol
email:  caldascf@hotmail.es 

av. dolores mosquera, 26 – baixo
36650 - caldas de reis
É  653903251- 645988877


 

Estimado socio/a: Pola presente se lle comunica o que sigue:

 

Primeiro.-  Convocaselle á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, sito no paseo de Román López, o vindeiro 28 de xuño ás 20.00  horas en primeira convocatoria e, se procede, ás 20.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

 

1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior do 07/07/2011.

2º.- Memoria deportiva da temporada 2011/12.

2º.- Balance económico: estado de contas referente á temporada 2011/12.

3º.- Rogos e preguntas.

 

Segundo.- Convócaselle á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, sito no paseo de Román López, o vindeiro 28 de xuño 21.00  horas en primeira convocatoria e, se procede, ás 21.30 horas en segunda, co único punto seguinte:

Primeiro e único:   Elección de Presidente.

 

As candidaturas presentadas serán aceptadas según o articulado dos Estatutos Caldas Clube de Fútbol e poderán ser formulada por escrito con anterioridade a data da asemblea na oficina do Caldas Clube de Fútbol (sita nas Corticeiras, s/n)  ou ben proclamarse como candidato na mesma asamblea.

Toda a información que precisen os candidatos una vez formalizada por escrito a súa candidatura lle será facilitada pola Xunta Directiva sainte sempre que sexa presentada con anterioridad a data da asemblea  e no suposto que a información solicitada  poida ser  facilitala de acordo coa lexislación vixente.

 

Terceiro.- Como cada ano terá lugar a comida anual de fin de temporada NA QUE PODERÁN PARTICIPAR XOGADORES, PAIS/NAIS E ACOMPAÑANTES, ASI COMO OS SOCIOS E AFECCIONADOS QUE O DEXESEN.  Celebrarase o sábado 23 de xuño no hotel SENA  ás  13.30 horas.  TODOS OS XOGADORES CON FICHA DURANTE LA TEMPORADA 2011/12  ESTÁN INVITADOS COA ÚNICA E IMPRESCINDIBLE CONDICIÓN DE TER QUE CONFIRMAR A SÚA ASISTENCIA. TAMÉN TERÁN QUE CONFIRMAR A ASISTENCIA OS DEMAIS ASISTENTES QUE DEBERAN ABONAR A CANTIDADE DE 25 €.  A CONFIRMACIÓN DA ASISTENCIA PODERASE REALIZAR CHAMANDO ÓS TELÉFONOS 653903251  Y  645988877 OU BEN ACUDINDO ÁS OFICINAS DO CLUB QUE ESTARÁN ABERTAS TÓDOLOS MARTES E XOVES DE 20.00 A 21.30 HORAS ATA O 23/06/2012, ÚLTIMO DÍA PARA CONFIRMAR A ASISTENCIA, ASÍ COMO PARA TRAMITAR A RENOVACIÓN OU INSCRIPCIÓN PARA A PRÓXIMA TEMPORADA DOS XOGADORES.  Terán lugar diversos actos de felicitación e agradecemento pola boa campaña feita polos xogadores e entrenadores e ademais esta XUNTA DIRECTIVA SAINTE  quere aproveitala ocasión para facerlle unha  homenaxe a un home que reune todas as características que deben seguir identificando o Caldas Clube de Fútbol:  entusiamo, traballo, humildad, compañerismo, xenerosidade, aficción, amor as cores do Caldas Clube de Fútbol e sobre todo, aínda que casi e imposible engadir algo máis, una característica especial del: boa persoa. Por esto todos os que dalgunha maneira estamos relacionados co Caldas C. F. debemos felicitalo, e expresarlle e demostralle e agradecerlle  o que él  aportou, aporta e seguirá aportando para o Clube. “ESTA XUNTA DIRECTIVA SAINTE SEMPRE ESTARÁ EN DEUDA CON FINUCO”.

               

Esperando contar coa súa asistencia ós devanditos eventos, saúdalle  atentamente,

 

Caldas de Reis, 8 de maio de 2012

Salvador González Suárez

                PRESIDENTE    

 








Café bar Taíno
Hotel Restaurante Sena
Mobiliario Bermaña

CLUBE DE FUTBOL CALDAS

As Corticeiras
Carretera N-640 Caldas-Vilagarcía
Caldas de Reis
Pontevedra


T: 644 87 22 59
E: caldascf@hotmail.es

Donde estamos


Ver Campo As Corticeiras