ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CALDAS CLUBE DE FÚTBOL; 25 DE XUÑO

Caldas Clube de Fútbol
Tlf.: 653903251
email:  caldascf@hotmail.es

 

Estimado socio/a: Pola presente se lle comunica o que sigue:

 

Primeiro.-  Convócaselle á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, sito no paseo de Román López, o vindeiro 25 de xuño ás 20.00  horas en primeira convocatoria e, se procede, ás 20.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior do 28/06/2012.

2º.- Memoria deportiva da temporada 2012/13.

2º.- Balance económico: estado de contas referente á temporada 2012/13.

3º.- Rogos e preguntas.

 

Segundo.- Como cada ano terá lugar a comida anual de fin de temporada NA QUE PODERÁN PARTICIPAR XOGADORES, PAIS/NAIS E ACOMPAÑANTES, ASI COMO OS SOCIOS QUE O DEXESEN.  Celebrarase o domingo 23 de xuño no Hotel SENA  ás  13.30 horas.  TODOS OS XOGADORES CON FICHA DURANTE A TEMPORADA 2012/13  ESTÁN INVITADOS COA ÚNICA E IMPRESCINDIBLE CONDICIÓN DE TER QUE CONFIRMAR A SÚA ASISTENCIA. TAMÉN TERÁN QUE CONFIRMAR A ASISTENCIA OS DEMAIS ASISTENTES QUE DEBERAN ABONAR A CANTIDADE DE 25 €.  

A CONFIRMACIÓN DA ASISTENCIA PODERASE REALIZAR CHAMANDO OS TELÉFONOS 653903251 / 619618102 OU BEN ACUDINDO AS OFICINAS DO CLUB QUE ESTARÁN ABERTAS TÓDOLOS MARTES E XOVES DE 20:00 A 21:00 HORAS ATA O 18/06/2013, ÚLTIMO DÍA PARA CONFIRMAR A ASISTENCIA, ASÍ COMO PARA TRAMITAR A RENOVACIÓN OU INSCRIPCIÓN PARA A PRÓXIMA TEMPORADA DOS XOGADORES.

Terán lugar diversos actos de felicitación e agradecemento pola boa campaña feita polos xogadores e adestradores.

 

Esperando contar coa súa asistencia ós devanditos eventos, saúdalle  atentamente,

Caldas de Reis, 23 de maio de 2013

 

Jorge Abuín Ferreiro

PRESIDENTE CALDAS C.F.








Café bar Taíno
Hotel Restaurante Sena
Mobiliario Bermaña

CLUBE DE FUTBOL CALDAS

As Corticeiras
Carretera N-640 Caldas-Vilagarcía
Caldas de Reis
Pontevedra


T: 644 87 22 59
E: caldascf@hotmail.es

Donde estamos


Ver Campo As Corticeiras